| Cando trona en marzo, aparella as cubas e o mazo |
| Cando trona, logo abona |
| Cando trona, ou chove ou quere chover |
| Cando tronou e trona, forza é que chova |
| Cantas néboas en marzo, tantas xeadas en maio |
| Cavamento e barbexar, antes que comence a xiar |
| Cebada enriba de esterco, agárdaa certo; e, se o ano é mollado, perde coidado |
| Ceo aguado, herba no prado |
| Ceo encarnado, vendabal ao rabo |
| Cerco na lúa, preto anda a chuiva |
| Cerrazón ao este, ou norte ou nordeste |
| Chuivas de mar e vento de ría, hai foliada pra todo o día |
| Chuvia de abril, rocío de maio |
| Chuvia de san Lourenzo compón o tempo |
| Chuvia de san Lourenzo[,] algo lle di ó labrego |
| Chuvia en xaneiro, nin boa meda nin bon palleiro |
| Chuvia na semana da Ascensión, cria nos trigos mourón |
| Chuvia na semana da Ascensión, nin boa faba nin bon melón |
| Chuvia no mar e vento na ría, chuvia para todo o día |
| Chuvia outoneira, por san Mateu a primeira |