Xaneiro xabreiro, / febreiro esmuriceiro, / marzo airoso, / abril chuvisnoso, / sacan a maio florido y hermoso; / San Xoán claro, / Santa Mariña dalle ca fouciña, / agosto dalle co xostro; / septiembre come e vende / que ruin e o dente / que come a semente |
Xaneiro verdadeiro |
Xaneiro tasqueiro |
Xaneiro mollado, se non é bon pra o pan, non é malo pra o gando |
Xaneiro frioleiro |
Xaneiro escabroso, febreiro amoroso, marzo ventoso, abril chuviñoso, maio pardo e san Juan claro valen máis cá mula i o carro |
Xa chegou san Martiño[,] e o inverno vén de camiño |
Vran quente, setembro ledo |
Vindo a chuvia antes do vento, aferra e mete dentro |
Ventos nas illas Ons, malos son |
Vento travesía polo norte pía |
Vento solán, auga na man; menos pra ben que pra mal |
Vento soán, malo no inverno e peor no verán |
Vento que se queda a cear, tamén quere almorzar |
Vento que se deita ó anoitecer, érguese ó amañecer |
Vento padronés, nunca bo o verés |
Vento mareiro, merda pró troiteiro |
Vento galego[,] nin abelleiro nin coelleiro |
Vento do sudés, botas de auga nos pés |
Vento do norte e agua da ría, carallada para todo o día |