ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Setiembre seca fontes ou leva pontes
Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes
Serras cargadas, nordeste nas praias
Serán ó monte, bois á corte; serán ó mar, bois a labrar
Semblante do Cabalo, vento sur declarado
Semblante de Oviedo, mariñeiro non teñas medo
Según vexas o vintesete, así verás o mes siguiente, si o vintenove non desmente
Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis
Se vén o aire de Herbón, aire e torbón
Se ven a chuiva antes que o vento, aferra e meta [sic] dentro; se ven o vento antes que a chuiva, déixaa ir, que non hai duda
Se trona en xaneiro, rube as cubas ó fumeiro
Se sopra o lume, auga no cume
Se se oen as campanas de Penso, o vento está do sur; se se oen de Arbo, está norte
Se San Xoán ven craro e maio pardo, da leira prá casa cantará o carro
Se pra san Xurxo xea, non collerás nin unha pera
Se pola Candeloria plora, inverno fóra; se pola Candeloria non plora[,] nin dentro nin fóra
Se pica o aire de arriba, vén bon tempo
Se pica o aire de abaixo, vén a auga
Se os burros ornean moito, non saldrás enxoito
Se o domingo chove antes da misa, toda a semana de risa