Se vén o aire de Herbón, aire e torbón |
Se ven a chuiva antes que o vento, aferra e meta [sic] dentro; se ven o vento antes que a chuiva, déixaa ir, que non hai duda |
Se trona en xaneiro, rube as cubas ó fumeiro |
Se sopra o lume, auga no cume |
Se se oen as campanas de Penso, o vento está do sur; se se oen de Arbo, está norte |
Se San Xoán ven craro e maio pardo, da leira prá casa cantará o carro |
Se pra san Xurxo xea, non collerás nin unha pera |
Se pola Candeloria plora, inverno fóra; se pola Candeloria non plora[,] nin dentro nin fóra |
Se pica o aire de arriba, vén bon tempo |
Se pica o aire de abaixo, vén a auga |
Se os burros ornean moito, non saldrás enxoito |
Se o domingo chove antes da misa, toda a semana de risa |
Se o arco da vella está para o poñente, ceiba os bois e vente; se está para o raiante, fala os bois para diante |
Se o 10 d'abril o cuco non vir, ou o cuquiño é morto ou a fin quer vir |
Se non vichel-o cuco a mediados de Abril[,] ou morreu o cuco ou ven ao fin |
Se non chove en febreiro[,] van as pipas ó fumeiro |
Se no mes de Santiago chove, neva no inverno |
Se chove por san Xurxo, de cen zreixas quedaranche nove |
Se chove en san Xoán[,] tolle o viño e non dá pan |
Se chove en abril, sal a augha polo carril |