ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Polo san Simón, áncoras ó fondón
Polo san Miguel, se non o sabías, verás o que é chover
Polo san Miguel choi a torna do teu virxeu
Polo San Martiño, veranciño, pola Santa Isabel, inverno a encher
Polo san Blas, cigüeñas verás, e se non as veis mal año teneis
Polo san Andrés, neve nos pés
Polo san Andrés a galiñola vén[,] e por san Brais volve a marchar
Pola mañán vento á ría, á tarde vento do mar
Pola Encarnación, os últimos helos son
Pola Candeloria, se chove e venta, inverno entra; se ri e plora, inverno fóra
Pola Candeloria se chove e venta, inverno entra; se chove e implora, inverno fóra
Pola Candelaria, inda a vella vai á lareira
Pol-o Abril, augoas mil
Po lo bon tempo xunta leña e po lo malo, quéntate a ela
Pó en nadal e lama en agosto, fame no rostro
Pitas xuntas, señal de tempo trocado
Pitas xuntas, señal de auga
Pelo da lan, auga na man
Pascuas molladas, moitas sobradas. Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas
Parrascos ó sueste, á mañá sursueste