Brétema húmida adoita traer chuvia |
Bon xaneiro, mal febreiro |
Bó outono, ledicia do dono |
Bo ano, Nadal soleado |
Báñanse os gorriós, auga a montós |
Auga por san Urbán tira o viño e non dá pan |
Auga noitega, curuxa tardega |
Auga n'agosto, moita abella e moito mosto |
Auga miúda, vendaval que dura |
Auga mañanceira non é duradeira |
Auga en outono non lle convén ó xornaleiro nin ó seu dono |
Auga en maio, mata a porca dun ano |
Auga e sol, para as froitas: lagarto; para as viñas, pulgón |
Auga de xaneiro, cada pinga un centeiro |
Auga de trebón nunha parte dá; e noutra, non |
Auga de San Xoán, temprana, moitos males sana |
Auga de San Xoán, nin palla nin pan |
Auga de San Martiño, come pan e bebe viño |
Auga de mediodía, auga para todo o día |
Auga de febreiro enche o cabaceiro |