Pascuas molladas, moitas sobradas. Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas |
Pelo da lan, auga na man |
Pitas xuntas, señal de auga |
Pitas xuntas, señal de tempo trocado |
Pó en nadal e lama en agosto, fame no rostro |
Po lo bon tempo xunta leña e po lo malo, quéntate a ela |
Pol-o Abril, augoas mil |
Pola Candelaria, inda a vella vai á lareira |
Pola Candeloria se chove e venta, inverno entra; se chove e implora, inverno fóra |
Pola Candeloria, se chove e venta, inverno entra; se ri e plora, inverno fóra |
Pola Encarnación, os últimos helos son |
Pola mañán vento á ría, á tarde vento do mar |
Polo san Andrés a galiñola vén[,] e por san Brais volve a marchar |
Polo san Andrés, neve nos pés |
Polo san Blas, cigüeñas verás, e se non as veis mal año teneis |
Polo San Martiño, veranciño, pola Santa Isabel, inverno a encher |
Polo san Miguel choi a torna do teu virxeu |
Polo san Miguel, se non o sabías, verás o que é chover |
Polo san Simón, áncoras ó fondón |
Polo san Xosé o sapo déixase ver |