Se os burros ornean moito, non saldrás enxoito |
Se pica o aire de abaixo, vén a auga |
Se pica o aire de arriba, vén bon tempo |
Se pola Candeloria plora, inverno fóra; se pola Candeloria non plora[,] nin dentro nin fóra |
Se pra san Xurxo xea, non collerás nin unha pera |
Se San Xoán ven craro e maio pardo, da leira prá casa cantará o carro |
Se se oen as campanas de Penso, o vento está do sur; se se oen de Arbo, está norte |
Se sopra o lume, auga no cume |
Se trona en xaneiro, rube as cubas ó fumeiro |
Se ven a chuiva antes que o vento, aferra e meta [sic] dentro; se ven o vento antes que a chuiva, déixaa ir, que non hai duda |
Se vén o aire de Herbón, aire e torbón |
Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis |
Según vexas o vintesete, así verás o mes siguiente, si o vintenove non desmente |
Semblante de Oviedo, mariñeiro non teñas medo |
Semblante do Cabalo, vento sur declarado |
Serán ó monte, bois á corte; serán ó mar, bois a labrar |
Serras cargadas, nordeste nas praias |
Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes |
Setiembre seca fontes ou leva pontes |
Setiembre turrón ou seca ríos ou leva as pontes |