ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Saragaña quente, mata a miña xente; saragaña fría mata a miña tía
Se a Candelaria chora[,] vai o inverno fóra; se ri, o inverno quere vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir
Se a Candelaria ri, o inverno está por vir; e se a Candelaria chora, o inverno vai fóra
Se chove antes do san Bartolomeo, o maínzo é teu; se chove despois, é dos bois
Se chove en abril, sal a augha polo carril
Se chove en san Xoán[,] tolle o viño e non dá pan
Se chove por san Xurxo, de cen zreixas quedaranche nove
Se no mes de Santiago chove, neva no inverno
Se non chove en febreiro[,] van as pipas ó fumeiro
Se non vichel-o cuco a mediados de Abril[,] ou morreu o cuco ou ven ao fin
Se o 10 d'abril o cuco non vir, ou o cuquiño é morto ou a fin quer vir
Se o arco da vella está para o poñente, ceiba os bois e vente; se está para o raiante, fala os bois para diante
Se o domingo chove antes da misa, toda a semana de risa
Se os burros ornean moito, non saldrás enxoito
Se pica o aire de abaixo, vén a auga
Se pica o aire de arriba, vén bon tempo
Se pola Candeloria plora, inverno fóra; se pola Candeloria non plora[,] nin dentro nin fóra
Se pra san Xurxo xea, non collerás nin unha pera
Se San Xoán ven craro e maio pardo, da leira prá casa cantará o carro
Se se oen as campanas de Penso, o vento está do sur; se se oen de Arbo, está norte