| Cando corren as témporas solanas, mal tempo |
| Cando Deus dá a anada[,] non a tolle chuvia nin xeada |
| Cando do este chove, hastra as pedras move |
| Cando en maio hai lama, inda algo se gaña |
| Cando en maio hai lodo, non se perde todo |
| Cando en xunio chove, molla a esmola do probe |
| Cando hai mal tempo e se pica o mar, sinal de travesía |
| Cando hai vento, hai mal tempo |
| Cando haxa xiada, queima a ramalla |
| Cando marzo é ventarrón, abril é chuviscón |
| Cando Marzo mayea, Mayo marzea |
| Cando na beiramar neva ¡que fará na serra! |
| Cando no inverno oíres tronar, vende os bois e bótao en pan |
| Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo centeo |
| Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo lameiro |
| Cando o primeiro trono que ven no mes de xaneiro ven polo mar, fartura no mar; cando ven pola terra, fartura na terra |
| Cando o vran é inverno e o inverno é vran, mal anda pra os probes o ano de pan |
| Cando oias a bubela, deixa os bois e colle a gavela |
| Cando sal ó sol en marzo a culebra, en abril sarabea ou neva |
| Cando soa o vendabal, mal pola terra, mal polo mar |