Hastra San Martiño, pinga o ramalliño; despois de San Martiño, fame e frio |
Lava os teus panos na semana de Ramos, que na de Paixón ou poderás ou non |
Lúa a pe, mariñeiro deitado |
Lúa con circo, trai a auga no bico |
Lúa deitada, mariñeiro a pe |
Lúa entre carreiros, ahí están os sieiros |
Lúa nova con treboada, hastra oito días, nada |
Lúa nova con treboada, vinte días de xornada; e si aos vinte non paróu, hastra os sesenta chegóu |
Lúa nova con tronada, toda a lúa de invernada |
Luna nova con tronada, quince días de noada |
Maio choco e san Xoán craro fan fermoso o ano |
Maio frío, moito trigo |
Maio pardo, ano farto |
Maio treboado e san Xoán claro fan un ano temperado |
Maio un pouco frío cría trigo pero, se é moi frío, nin palla nin trigo |
Maio ventoso, ano fermoso |
Maio ventoso, xulio piolloso |
Maraxe tardeira leva os barcos á ribeira |
Marzal de nubes carregado, ano amolincrado |
Marzo chuvioso, vran caluroso |