Si en marzo ves tronar, bótate a tremar |
Si en once de maio rocío vises, espera bon ano, e mellor si chovese |
Si marzo recacha o rabo, non queda ovella nin año |
Si o nubrado e do raiante, anda boi pra diante; si o nubrado e do poniente, afálalle aos bois e vente |
Si polo Nadal neva, todo se aleda |
Si queda o vento polo sur do sol, mal tempo seguro |
Si rompe con nevoa, bon sol se espera; se non, chove ou neva |
Si sopra nordés, bon tempo fixo tés |
Si ven tronada polo Leste, temos calma ao Nordeste |
Si ves espuma na praia, sur encima |
Si vires xiar polo des, aparexa pra un mes |
Sol de xaneiro, sempre tras do outeiro |
Sol madrugueiro, chuvia no eido |
Sol madrugueiro, chuvia no quinteiro |
Sol madrugueiro, non é bon compañeiro |
Sol na cidá, auga no nabal |
Sol que moito madruga, pouco dura |
Sueste, alcahuete de mareiras |
Tantas neblas en xaneiro como xeadas en maio |
Telarañas polo aire, vento ao mar |