Cuant ch’al plûf il prin martars di lune, no vìn sec plui par che lune |
Friulian |
Pascuas molladas, moitas sobradas. Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas |
Galician |
San Roque das chagas, chama polas augas |
Galician |
Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes |
Galician |
En Agosto secan os montes e en Setembro as fontes |
Galician |
Por san Lucas bota a parella, que estea a terra mollada, que estea seca |
Galician |
En Xaneiro vaite a outeiro: si ves verdegar[,] pont'a chorar; si ves terrexar[,] pont'a cantar |
Galician |
Enxoito xaneiro, chea no graneiro |
Galician |
San Mateu enche as lameiras e san Marcos as baleira |
Galician |
San Marcos enxoita os balsos |
Galician |
San Marcos enxoita o que san Mateo molla |
Galician |
Por san Pedro Regalado todo enxoito ou alamado |
Galician |
Por san Lucas bois ó arado, que enxoitos que mollados |
Galician |
Abril atoldado e pouco mollado |
Galician |
No tempo do cuco á mañá me mollo e á tarde me enxugo |
Galician |
Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo centeo |
Galician |
Circo na lúa, lagoa (braña) dura; circo no sol, lagoa mol |
Galician |
Roibéns de sol posto, é sinal de tempo enxoito |
Galician |
Roibéns ó sol posto, pegureiro, andarás enxoito |
Galician |
O circo da lúa o pastor enxuga / ós tres días non hai chuvia |
Galician |