ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Refraneiro galego básico
Anada por anada, máis vale a seca cá mollada
Sol con barbas, augas
Sol de inverno sae tarde e ponse cedo
En maio inda a vella quenta o saio
Dixo o pastor a marzo: Mal trataches o meu gando; alá irás onde non volvas máis. E marzo respondeulle: Con tres días que me quedan e tres que me empreste meu irmán abril poreiche as túas ovellas a parir
Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo
Marzo marceador: de noite chove e de día fai sol
Marzo marzadas, vento, frío, sol e saraibadas
Marzo marzoso: pola mañán cara de porco, polo serán cara de verán