ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Punto P-12 del Atlas Lingüístico Galego.
As crecidas de san Simón sonadas son
Ata o corenta de maio, non te quites o saio
Borrasca polo mar, vellas a asollar; gaivotas á terra, mariñeiros á merda
Cielo empedrado, mal tempo declarado
Co calor de aghosto templa o rostro
Despois da Peregrina o inverno vénse encima / vén o inverno axiña
En abril augas mil
En maio inda a vella queima o tallo[,] e si non[,] o queima malo
En setiembre arden os montes e secan as fontes
Estando encarnado ó mar, colle os bois e vai labrar; estando encarnado ó monte, colle os bois e méteos na corte
Luna arriba, seca corrida
Marzo marzán, pola mañán cara de risa e pola tarde cara de can
Nordeste oscuro, vendaval seguro
Norte escuro, vendaval seguro
Pola Candeloria se chove e venta, inverno entra; se chove e implora, inverno fóra
Pola Candeloria, se chove e venta, inverno entra; se ri e plora, inverno fóra
Se non chove en febreiro[,] van as pipas ó fumeiro
Se o domingo chove antes da misa, toda a semana de risa
Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes
Vaite febreiro cos teus vinteoito, que se duras/tes máis catro non queda can nin ghato. Deixa que aí vén meu irmán marso, que che ha de faser andar co pelexo debaixo do braso