Si vires xiar polo des, aparexa pra un mes |
Si ves espuma na praia, sur encima |
Si ven tronada polo Leste, temos calma ao Nordeste |
Si sopra nordés, bon tempo fixo tés |
Si rompe con nevoa, bon sol se espera; se non, chove ou neva |
Si queda o vento polo sur do sol, mal tempo seguro |
Si polo Nadal neva, todo se aleda |
Si o nubrado e do raiante, anda boi pra diante; si o nubrado e do poniente, afálalle aos bois e vente |
Si marzo recacha o rabo, non queda ovella nin año |
Si en once de maio rocío vises, espera bon ano, e mellor si chovese |
Si en marzo ves tronar, bótate a tremar |
Si en febreiro estiveche quente, na Pascoa batirás o dente; e si estiveche frio, non cho digo, non cho digo |
Si de tarde unha roda envolve a lúa, antes de media noite vento e chuvia |
Se zoa a carballeira, non saias da lareira |
Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados |
Se o gato lava a cara, é que venta enchente de auga |
Se o ano sae chorando, mal para as hortas e para os campos |
Se maio chora, auga criadora |
Se estrala o lume no lar, señal de vento |
Se chove a noite de Nadal, ano formal |