ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Arreboles de sol posto é señal de tempo enxoito; arreboles de sol levantado, é señal de tempo mollado
En xaneiro ponte no outeiro; se ves verdegar, ponte a chorar; e se ves secar, ponte a cantar
Se non chove en febreiro[,] van as pipas ó fumeiro
Ramos mollado, carro crebado; Ramos enxoito, nin moito nin pouco
Barca enxoita, san Miguel mollado
A luna de setiembre ou seca os ríos ou lévase as pontes
O polvo de maio e a lama de aghosto, mal negocio
Maio me molla e maio me enxuga, con raias de sol e con raias de chuvia
Ramos mollados, Pascuas enxoitas: ano de viño, de pan e de froita
En xaneiro vaite ó leiro, e se o ves terrear ponte a cantar[,] e se o ves verdegar ponte a chorar
Dios nos aparte do polvo de maio e da lama de aghosto
Maio me molla e maio me enxuga
Se pola Candeloria plora, inverno fóra; se pola Candeloria non plora[,] nin dentro nin fóra
Cando o moucho mouchea[,] nin chove nin xea
En xaneiro vai ó outeiro: se o ves verdexar[,] poste a chorar[;] e se o ves tarraxar[,] ponte a chorar
Do lodo de agosto e do polvo de abril, Dios nos libre dil
Aire de Villalba non quere auga nin xente