ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Marzo marzoso: pola mañán cara de porco, polo serán cara de verán
Marzo marzadas, vento, frío, sol e saraibadas
Marzo marceador: de noite chove e de día fai sol
Febreiro é tolo e marzo medio tolo
Cando febreiro non febreirea, marzo marcea
Marzo marzán: [/] pola mañán, cara de can [/] a mediodía mellor o facía [/] e ó serán parece verán
Marzo, marzán, a mañá cara de rosa, a tarde cara de can
Si marzo maiea e maio marcea[,] ¡pobres dos pobres que viven na aldea!
Día de marzo, entra rindo e sai chorando
Marcio marcial, / de día cara de cocho / de noite cara de can
O febreiro, nin de tarde nin de mañá ten formalidá
Ceo escamudo, tempo inseguro
Febreiro, merdeiro
Febreiro frebas da, / adiante o detrás, / el chas enseñará
En febreiro o louco, / ningún día se parece a outro