ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Rubién de mañana, viento ou augua
Se se oen as campanas de Penso, o vento está do sur; se se oen de Arbo, está norte
Aire de Carnota jode a quen topa
Xaneiro xeadeiro, febreiro nevadeiro, marzo airoso, abril chuvinoso e maio florido i hermoso
Aire de Marufe, chuvia certa
Cando fai de Bercía, témo-la auga encima
Rubián de Lugo, sol seguro; rubián de Navia, vento y agua
Xaneiro xeadeiro, febreiro amoroso, marzo ventoso, abril chuvisnoso, mayo pardo e San Juan claro, valen más que vacas e carro
Aire de Meira, tropa lixeira
Rubiés a la mañana, ou vento ou auga; rubiés a la noche, buen tiempo espera
Nublada a Armenteira, norte na ribeira
Semblante do Cabalo, vento sur declarado
Néboa en setembre trae o sur no ventre
A curuxa de madrugada, vento ou xeada
Vento do sudés, botas de auga nos pés
Treboada polo sureste, máis nordeste
Suestiño agudo, vendaval seguro
Auga antes do vento, vento ou mal tempo