ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Refraneiro galego básico
Vento soán, malo no inverno e peor no verán
Vento que se queda a cear, tamén quere almorzar
Vento que se deita ó anoitecer, érguese ó amañecer
Vento antes de chuvia, déixate ir que non hai dúbida; chuvia antes de vento, métete dentro
Vale máis nubrado de agosto que sol de setembro
Un día de abril e outro de maio, se son de tempo axeitado, valen os dous tanto coma os bois e o carro
Tronos de soán, pouca auga e, se cadra, pouco pan
Sol en nubes engarrado ten a chuvia ó seu lado
Sol e auga, tempo de leite callado
Sol de inverno sae tarde e ponse cedo
Sol con barbas, augas
Sol con auga non vale nada
Se a Candelaria chora[,] vai o inverno fóra; se ri, o inverno quere vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir
Roibéns ó mar, vellas ó sollar
Ós comezos de abril o cuco ten que vir; e, se non volveu, ou prendérono ou morreu
O vento soán trae a chuvia á man
Norte escuro, vendaval seguro
Neve en abril, cobras en marzo
Néboa en Padrón, sinal de cerrazón
Marzo marzoso: pola mañán cara de porco, polo serán cara de verán