Xiada de xaneiro, neve de febreiro, trebón de marzal, chuvia de abril e ventisca de maio, ano cabal che traio |
gallego |
Xiada nas covas, vento sul por arróas |
gallego |
Xiada na lama, auga na cama; xiada no lodo, auga deica o cóbado |
gallego |
Ano de xiada, ano de parvas |
gallego |
Cando haxa xiada, queima a ramalla |
gallego |
Cavamento e barbexar, antes que comence a xiar |
gallego |
Pola Encarnación, os últimos helos son |
gallego |
Xiada encima de mollado, chove de contado |
gallego |
Nadal mollado, xaneiro xiado... ¡coidado... coidado! |
gallego |
Ano de xeadas, ano de fornadas |
gallego |
Cando o moucho mouchea[,] nin chove nin xea |
gallego |
Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis |
gallego |
Xaneiro xeadeiro, febreiro amoroso, marzo ventoso, abril chuvioso, maio pardo e san Juan claro, valen máis que un carro de ouro |
gallego |
Xaneiro xiadeiro e febreiro unha raza de sol e outra de bulleiro |
gallego |
En san Joán aínda a xiada leva o pan |
gallego |
Ano que hastra o nove vén xiando, bon e moito pan vén anunciando |
gallego |
As xeadas de xaneiro comen máis que Madrid e Toledo |
gallego |
En xaneiro xea moito; en chegando marzo, calma un pouco |
gallego |
Tantas neblas en xaneiro como xeadas en maio |
gallego |
Xiada no abril e maio é a plaga maior de todo o ano |
gallego |