A chuvia na eira non fai malladoiro |
A chuvia no agosto, non trae bon mosto, nin bon magosto, nin bon entrecosto |
A día claro, escuro nubrado |
A inverno chuvioso, verán abondoso |
A lúa si coma nace quinta, e como quinta octava, así acaba |
A moita seca trae ás veces a moita mollada |
A vendima, enxoita e fría |
Abriga a neve ó trigo como abriga unha nai ó seu fillo |
Abril atoldado e pouco mollado |
Abril augas mil, escoadas por un mandil |
Abril augas mil, peneiradas nun candil |
Abril chovedeiro enche o cabaceiro |
Abril frío e mollado: [/] enche o celeiro e farta ó gando |
Abril frío, moito pan e pouco viño |
Abril frío, pan e viño |
Abril mollado, malo na horta e bo no campo |
Abril que non chove deixa o labrego pobre |
Abril quente e mollado, carga o carro e engorda o gado |
Aire de terra, bágoas a xerras |
Aire salau, aire na mau |