Arco da vella, auga na terra |
Arreboles ao sol posto, meu caperuciño andará enxoito |
As augas de febreiro matan o onzaneiro |
As catro escarchas de xaneiro, as catro nevadas de febreiro e as doces augas de abril, valen máis que o coche do Santo Rei David |
As mañanciñas doces de Navidá, abril e maio chas fará pagar |
Astra san Xoán non quíte-lo gaban |
Auga á entrada da lúa, ou moita ou ningunha |
Auga á mañanciña, tormenta á tardiña |
Auga á matina; á tarde tormentina |
Auga de abril e xeada de maio, herba para todo o ano |
Auga de agosto e polvo de abril, fan tocalas huchas coma un tamboril |
Auga de febreiro enche o cabaceiro |
Auga de mediodía, auga para todo o día |
Auga de San Martiño, come pan e bebe viño |
Auga de San Xoán, nin palla nin pan |
Auga de San Xoán, temprana, moitos males sana |
Auga de trebón nunha parte dá; e noutra, non |
Auga de xaneiro, cada pinga un centeiro |
Auga e sol, para as froitas: lagarto; para as viñas, pulgón |
Auga en maio, mata a porca dun ano |