Se chove antes do san Bartolomeo, o maínzo é teu; se chove despois, é dos bois |
Se a Candelaria ri, o inverno está por vir; e se a Candelaria chora, o inverno vai fóra |
Se a Candelaria chora[,] vai o inverno fóra; se ri, o inverno quere vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir |
Saragaña quente, mata a miña xente; saragaña fría mata a miña tía |
Sarabela fría, mata a túa tía; sarabela quente, mata a túa xente |
Santos e Nadal, inverno carnal |
Santiago de chuvias, ano de alubias |
Santa Catalina neve na curtiña, se non é aquel día, pró outro día |
Santa Candeloria, se ri, inverno si; si chora, inverno fóra; anque ría ou anque chore, o inverno vai fóra |
Santa Ana[,] cas ras non quer nada |
San Xoán chegado, primavera no cabo |
San Valentiño, da primavera veciño |
San Urbán leva o frío e trae o vran |
San Sidriño labrego, pon o sol e leva o rego |
San Sidriño labrador tira a auga e pon o sol |
San Roque das chagas, chama polas augas |
San Raimundo, a anduriña trai do outro mundo |
San Martiño[,] fame e frío |
San Joán claro ara máis có boi ó carro |
San Antón[,] vello e tristeiro[,] convida as rapazas ao rezadeiro |