Cando no inverno oíres tronar, vende os bois e bótao en pan |
Cando na beiramar neva ¡que fará na serra! |
Cando Marzo mayea, Mayo marzea |
Cando marzo é ventarrón, abril é chuviscón |
Cando haxa xiada, queima a ramalla |
Cando hai vento, hai mal tempo |
Cando hai mal tempo e se pica o mar, sinal de travesía |
Cando en xunio chove, molla a esmola do probe |
Cando en maio hai lodo, non se perde todo |
Cando en maio hai lama, inda algo se gaña |
Cando do este chove, hastra as pedras move |
Cando Deus dá a anada[,] non a tolle chuvia nin xeada |
Cando corren as témporas solanas, mal tempo |
Cando con vento soán chove, tódalas pedras move |
Cando chove por Santa Lucía, non hai sardiña |
Cando chove por febreiro, todo o ano é tempereiro / temporeiro |
Cando chove por agosto, chove mel e mosto |
Cando chove o domingo antes da misa, toda a semana vai de risa |
Cando chove e fai sol, é tempo de requeixón |
Cando chove e fai sol, alegre está o pastor |