ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
gallec
Cando chove e quenta o sol[,] vén o demo por Ferrol, cun saquiño de alfileres para lle picar no cu ás mulleres
Cando chove e sale o sol andan as bruxas en Ferrol
Cando chove e vai sol, anda o demo por Ferrol
Cando chove no san Xoán[,] tolle o viño e non dá pan
Cando con nordés chove, as pedras se moven
Cando corre o nublao para o Cebreiro, colle a capa e o sombreiro; corre o nublao para o mar, colle o malle e vai mallar
Cando d'o nordeste chove, [/] hasta as pedras move
Cando Deus o quería, de tódolos ares chovía
Cando Dios quer[,] de tódolos ventos chove
Cando Dios quería, do norte chovía
Cando encarnado está o monte, mete o boi na corte
Cando fai de Bercía, témo-la auga encima
Cando fai norte, quere compoñerse o tempo
Cando febreiro non febreirea, marzo marcea
Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo
Cando monte Louro se pon a monteira, tomalle todos os rizos a's velas
Cando na luna de marzo hai tronada, todo o ano quere campana
Cando na pota queda lume, ó outro día chove
Cando Nadal nada, señal de boa anada se a encontra sementada
Cando Nadal nada, señal de mala anada