| Garda o teu saio para maio |
| Hastra San Martiño pan e viño; de San Martiño en diante, frío e fame |
| Hastra San Martiño, pinga o ramalliño; despois de San Martiño, fame e frio |
| Lava os teus panos na semana de Ramos, que na de Paixón ou poderás ou non |
| Lúa a pe, mariñeiro deitado |
| Lúa con circo, trai a auga no bico |
| Lúa deitada, mariñeiro a pe |
| Lúa entre carreiros, ahí están os sieiros |
| Lúa nova con treboada, hastra oito días, nada |
| Lúa nova con treboada, vinte días de xornada; e si aos vinte non paróu, hastra os sesenta chegóu |
| Lúa nova con tronada, toda a lúa de invernada |
| Luna nova con tronada, quince días de noada |
| Maio choco e san Xoán craro fan fermoso o ano |
| Maio frío, moito trigo |
| Maio pardo, ano farto |
| Maio treboado e san Xoán claro fan un ano temperado |
| Maio un pouco frío cría trigo pero, se é moi frío, nin palla nin trigo |
| Maio ventoso, ano fermoso |
| Maio ventoso, xulio piolloso |
| Maraxe tardeira leva os barcos á ribeira |