Sol con auga non vale nada |
Sol con barbas, augas |
Sol d' invierno, amor de veyo |
Sol de abril, abre a man e déixao ir |
Sol de inverno sae tarde e ponse cedo |
Sol de marzo quenta a nena no palacio |
Sol de néboa, polo día pega |
Sol do color do luar, ou chover ou nevar |
Sol e auga, tempo de leite callado |
Sol en nubes engarrado ten a chuvia ó seu lado |
Sol madrugueiro, métese o can no palleiro |
Sol que pica, por auga repica |
Sol que regaña, chuvia que apaña |
Suestiño agudo, vendaval seguro |
Tanto dura a mala veciña coma a neve ferbeiriña |
Tanto val unha nevada como unha boa estercada |
Tempo circado, nin bo nin malo |
Tempo de neve, tempo alegre |
Témporas de setembre molladas, ano de fame |
Tendo pan e leña pra abril e mayo, fago da miña capa un sayo |