Cando a montaña pon o sombreiro, prepárate pró inverno, e si pon capote, chove de cote |
Cando a gaivota vai pra a terra, xa non neva; cando vai pra o mar, vai nevar |
Cando a Curotiña ten o sombreiro, señal de chuvia |
Cando a Curota ten capela, adiviña vendaval |
Cando a choia canta[,] auga sinte |
Cando a Candeloria chora vai o inverno fóra; que chore que cante, inda hai inverno atrás e diante |
Cando a Candelaria chora[,] metá do inverno vai fora |
Cando a abaladoira sona, ou chove ou trona |
Cand'a neve chega ó Miño, na montaña non se ve o camiño |
Brúa Gandarío, panos ó río |
Brúa Alba, tempo en calma |
Brétema na xiada, auga pola tarde |
Borraxeira do mar, norte a terra vén buscar |
Borrasca polo mar, vellas a asollar; gaivotas á terra, mariñeiros á merda |
Barrón de cabo a cabo, nordeste declarado |
Barca enxoita, san Miguel mollado |
Ballón de maio e sol de san Xoán[,] sube a herba por riba do pan |
Baixou o río en seguida, auga encima |
Aurora roiba, ou vento ou choiva |
Augoa en Mayo, pan todo ano |