ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
A auga de Seitura cura
A castaña en agosto quer arder e en setembro beber
A chuvia d'orballeira é herbeira
Abril chuviñoso, maio louro e sanxoán claro, valen máis cós bois e o carro
Cando a Candeloria chora vai o inverno fóra; que chore que cante, inda hai inverno atrás e diante
Cando Deus o quería, de tódolos ares chovía
Cando o ceo está color de lan, ou chove hoxe ou mañán
Chuvia en San Xoán, tolle o viño e non dá pan
En abril augas mil; todas xuntas non apagan un candil
En abril, augas mil coadas por un funil
En abril, augas mil; todas caiben nun barril
Febreiriño curto cos seus días 28, se durara máis catro[,] non ficaba can nin gato
Febreiro ventoleiro, cada suco seu regueiro
Garda no pan pra maio e na leña pra abril[,] ca che ha de cumprir
Lúa nova con treboada, trinta días mollada
Non hai sábado sen sol, nen romeu sen flor, nen meniña sen amor
O febreiro quente trai o diabo no ventre
O sol de marzo queima á dona do pazo
O vranciño de san Martiño dura o que un can a pasa-lo camiño
Ramos mollados, Pascuas enxoitas: ano de viño, de pan e de froita