Fevrarùt picjulùt, al è un mês malandrinùt, plui di genâr al à nêf, ma par furtune al è brêf |
friulano |
A neve de xaneiro fai o pan no eido |
gallego |
En Xaneiro[,] sete capelas e un sombreiro |
gallego |
En Xaneiro vaite a outeiro: si ves verdegar[,] pont'a chorar; si ves terrexar[,] pont'a cantar |
gallego |
Enxoito xaneiro, chea no graneiro |
gallego |
Onde vires neboeiro por xaneiro, fai alí o teu fillo herdeiro |
gallego |
Nadal mollado e xaneiro ben xeado |
gallego |
En lúa de xaneiro tardía ningún labrador confía |
gallego |
Cando o primeiro trono que ven no mes de xaneiro ven polo mar, fartura no mar; cando ven pola terra, fartura na terra |
gallego |
Xiada de xaneiro, neve de febreiro, trebón de marzal, chuvia de abril e ventisca de maio, ano cabal che traio |
gallego |
En xaneiro vrao, nin palla nin grao |
gallego |
Bon xaneiro, mal febreiro |
gallego |
Cando as rans cantan no xaneiro, siñal de lama no rueiro |
gallego |
Se trona en xaneiro, rube as cubas ó fumeiro |
gallego |
Nadal chuvioso, xaneiro ventoso |
gallego |
Trebón de xaneiro, nen bon pan nen bon palleiro |
gallego |
Auga de xaneiro, cada pinga un centeiro |
gallego |
Chuvia en xaneiro, nin boa meda nin bon palleiro |
gallego |
O sol de agosto e de xaneiro, hai que tomalo con sombreiro |
gallego |
En xaneiro, un pouco ao sol, outro pouco ao fumeiro |
gallego |