ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Refraneiro galego básico
¡Aí vén san Lourenzo co seu caldeiro penzo!
A auga de abril enche o carro e o carril
A lúa como quinta, así pinta
A lúa como quinta, trinta
A mera no san Xoán leva o viño e mailo pan
Abellas revoltas, tempestades ás voltas
Aire de Lugo, auga no puño
Anada por anada, máis vale a seca cá mollada
Ano nevento, ano farturento
Auga de outono mata o seu dono
Cando choran as pedras do Xallo, temos orballo / ventan orballo
Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo
Cando o Pico Sagro pon capelo, meniñas da vila, poñede o mantelo
Ceo de panza de burra, auga segura
Ceo escamento, ou chuvia ou vento
Ceo escamudo, vendaval duro
Co aire soán cata a auga na man, tanto no inverno coma no verán
Corren as nubes para Lugo, auga no puño
Corren as nubes para Ourense: sol que nos quente
Despois da Peregrina o inverno vénse encima / vén o inverno axiña